O 17 de maio é o Día das Letras Galegas, é un día de exaltación da lingua galega a través da súa manifestación literaria que comezamos a celebrar no ano 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, para recoller o latexo material da actividade intelectual galega.
Dende entón, dedícaselle cada 17 de maio a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez anos dende a data de falecemento da persoa homenaxeada.
Este ano homenaxeamos a Ricardo Carvalho Calero, quen sobresaíu a nivel literario por dignificar o idioma e a cultura galega como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor.
Comments